Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


Menú Principal
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

Correo Apícola
ilahi nukro

Contacto e novos socios
Contacta con nós
Faite socio

Insectarium Virtual
insectarium virtual

 
Apicultura Galega acontecementos: O DESPOBOAMENTO DAS COLMEAS DE GALICIA
Enviado por asorey o Xoves, 15 de Marzo do 2007 (13:50:02)
Contribución de asorey

DESPOBOAMENTO DAS COLMEAS EN GALICIA

Xesús Asorey. Secretario-técnico de AGA

Despois de 10 anos, de sufrirmos a calamidade da desaparición das abellas, tanto na carne propia como na observación do que lle acontece a outros abelleiros de Galicia, xa podemos facer algúns comentarios.



DESPOBOAMENTO DAS COLMEAS EN GALICIA
Xesús Asorey. Secretario-técnico de AGA

Despois de 10 anos, de sufrirmos a calamidade da desaparición das abellas, tanto na carne propia como na observación do que lle acontece a outros abelleiros de Galicia, xa podemos facer algúns comentarios.

¿Onde desaparecen as abellas?

Os territorios máis afectados foron aqueles onde se práctica unha horticultura ou fruticultura máis profesionalizada, onde supostamente se realizan todos os tratamentos e coidados recomendados por técnicos entendidos na materia.

En segundo lugar, e máis tardíamente, apareceron apiarios moi afectados preto de leiras de millo, estase sementando millo coas sementes tratadas con imidacloprid e/ou fipronil, normalmente millo forraxeiro para comida do gando.

O problema tamén apareceu, puntualmente, en zonas de monte. A esta localización foi a máis difícil de lle dar unha interpretación, pero a día de hoxe podemos decir que se trata de zonas onde se fumigaron eucaliptos e tamén en zonas onde se sementaron cereais de palla no monte, trigo ou centeo.

Logo queda algún caso que ainda non temos certeza, pero teñamos en conta que os contaminantes viaxan pola terra, polas augas e polo ar; ahí podería estar a explicación.

Interpretacións

Algo bastante curioso, que non estaba previsto, é que o fenómeno pode darse nun apiario e a 400 ou 500 metros xa hai outro apiario que non está afectado. As observacións permitennos afirmar que coincide que o apairio afectado está nun enclave con posibilidades de tratamentos con pesticidas ó lado, e o non afectado está máis arredado e mesmo rodeado de monte.

Hai quen pensa que o problema é sobre todo dos abelleiros afeccionados, e os máis profesionais son moito menos afectados, pero a interpretación pode ser que os abelleiros máis grandes sitúan as súas abellas no monte, fronte ós máis pequenos que as teñen máis preto da casa, de terreos de cultivo etc.

Tamén se comenta que en Francia, despois de dous anos de prohibición destes pesticidas neurotóxicos a cousa non mellorou dabondo, será certo, pero teñamos en conta que estes produtos só foron prohibidos nas sementes do xirasol e millo, pero non nos hortos nin nos cereais de palla etc.

Probas biolóxicas

Moitos abelleiros afectados mercan abellas para a reposición das baixas a outros abelleiros que non teñen o problema e ó segundo ano da operación volven quedar sen abellas, mentras que o abelleiro que llelas vendeu segue sen ter o problema.

En Francia, a UNAF leva algúns anos cun programa que se chama “As abellas sentinelas do medio ambiente”, que consiste en colocar abellas en parques e xardíns, e mesmo en terrazas, das cidades, e comprobaron que estas abellas van ben, son moi produtivas e non teñen este problema de despoboamento.

Enfermidades

Cando enviamos mostras de abellas ós laboratorios, estes contestan sempre con frases coma, negativo á loque, positivo á varroa etc. Dependendo se atopan ou non o axente causante da doenza, pero eso non quere decir que o enxame morrera desa doenza, simplemente que a atoparon.

En colmeas afectadas polo despoboamento atopamos bastantes casos de loque, pero a causa da desparación non é a loque, porque as abellas que invernan terían que chegar a primavera e non desaparecer no medio do inverno como acontece, desaparecen as abellas e hai dentro unha pouca cría con podrémia.

No caso da varroa, o laboratorio case sempre diagnostica varroa, pero non se pode interpretar que morreran de varroa, xa hai en Galicia algúns abelleiros que non tratan contra a varroa e non teñen problema.

Tamén se diagnosticou nosema en abellas de colmeas despoboadas, pero só se pode afirmar que teñen nosema, igual que teñen varroa ou nalgúns casos loque pero nada máis.

Medidas paliativas

No día de hoxe, e coa experiencia adquirida podemos recomendar algúns métodos ou parches para salvar a situación, á espera de que sexan retirados do mercado os pesticidas neurotóxicos que son “moi perigosos para as abellas” segundo reza a etiqueta que lle poñen os laboratorios fabricantes, caso confidor.

En primeiro lugar, recomendase localizar o apiario noutro lugar; ó terse observado que apairios próximos non teñen o problema sería suficiente facer traslados a zonas próximas non afectadas.

Para aqueles abelleiros que non teñen a posibilidade de trasladar o apiario, propoñemos un método que xa está comprobado e con moi bós resultados en Bélxica, consiste en realizar núcleos das propias colmeas para repoñer ó ano seguinte as baixas.


 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Apicultura Galega
· Noticias de asorey


Noticia máis lída sobre Apicultura Galega:
Gel de Timol : prometedora opción contra varroa


Votos do Artigo
Puntuación Promedio: 4.61
votos: 13


Por favor, tómese un segundo e vote por este artigo:

Excelente
Moi Bo
Bo
Regular
Malo


Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


nukrox


PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.23 Segundos