Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


MENÚ
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

CORREO APÍCOLA
ilahi ilgilerim

CONTACTO E NOVOS SOCIOS
Contacta con nós
Faite socio

 
Apicultura Galega SEMINARIO APÍCOLA EN ARZÚA
Enviado por paula o Martes, 7 de Outono do 2008 (17:37:00)
Contribución de paula

Lugar: Centro do Queixo e do Mel. ARZÚA

Temática: A comercialización do mel polos pequenos envasadores
Datas:   25 e 26 de outubro de 2008

Organiza: Asociación Galega de Apicultura  AGA. Financia o SLG por medio do Fondo social europeo.
Convocados: Pequenos envasadores de mel (con denominación e sin ela)



Presentación


Os pequenos envasadores autorizados, tanto inscritos en Mel de Galicia ou non, teñen unha problemática propia a hora de comercializar o seu mel, nin son grandes dabondo para comercializar nas cadenas de alimentación e tamén están en inferioridade de condicións na realización da venda directa ou en circuitos cortos xa que este consumidor prefire o mel cunha etiqueta máis personalizada ca de mel de Galicia e mesmo o prefire sen etiqueta.
A Asociación Galega de Apicultura AGA é conscente desta problemática e organiza este seminario  co fin de facer unha posta en común da situación e mellorar as condicións de comercialización por parte deste colectivo.

Día 25 de outubro

PROGRAMA:

As 11 da mañá:
Recepción de participantes e visita as instalacións do Centro do Queixo e do mel
A continuación
1.-Novos produtos que se poden preparar  para a axuda a comercialización
Mel crema e derivados: Mel con xalea. Mel con pole. Mel con propole.Mel con cacao
Mel con froitos secos
2.-Outros produtos que poidan ofrecer outros  envasadores
3.-Novos envases para o  mel:
  -Antigoteo.
 -Envases máis grandes
 -Envases máis pequenos

As 12, mesa redonda:
-Problemática da comercialización do mel polos pequenos envasadores.
Os envasadores poderán explicar a súa problemática, un por un e facer propostas.

As 14 horas
Xantar

As 16 horas:
- Presentación  da rede social da apicultura galega, posibilidades de integración nesta rede
-Centros de divulgación apícola . Apiturismo.Rutas das abellas e do mel. Rede de feiras  do mel en Galicia.
-Axudas e subvencións da administración

- As 17 horas
Conclusións

-As 18 horas
Visita ao Enredo do Abelleiro

Día 26 de outubro

 PROGRAMA:

Viaxe de visitas a centros de divulgación das abellas e do mel

As 10 horas
-Saída de Arzúa en autobús para visitar a Casa das abellas en Abegondo.
Programa:
As 11 horas:
A divulgación do mundo apícola entre os escolares.
As visitas de maiores ao centro de divulgación apícola
Contido da tenda apícola

-As 13 horas saída para Goente. As Pontes
-As 14 horas xantar nas Neves
-As 16 horas visita a Casa do Mel, Goente. As Pontes
Programa:
Taller de velas de cera
Taller de elaboración de cosmética apícola

- As 18 horas regreso a Arzúa. Fin da viaxe

Notas:

1.- Os interesados deberán apuntarse chamando aos nosos teléfonos:
981 508 142 ou 981 589534. Antes do día 20 de outubro.

1.- Para a  financiación dalgúns gastos  será necesario que firmedes algún papel, traede o número que teñades de seguridade social, de calquera rexime que sexa.

2.- O número de plazas é limitado, polo tanto terán preferencia os socios de AGA, e do SLG, en caso de faltar plazas.

3.- Os gastos, do xantar dos dous días, o autobús e a entrada ao Enredo do Abelleiro, será con cargo ao seminario e polo tanto será gratuíto para os asitentes.

4.- Se alguén quere quedarse a dormir en Arzúa, o día 25, que o comunique que se lle buscará lugar onde facelo.


Arzúa, outono de 2008


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Apicultura Galega
· Noticias de paula


Noticia máis lída sobre Apicultura Galega:
Gel de Timol : prometedora opción contra varroa


Votos do Artigo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor, tómese un segundo e vote por este artigo:

Excelente
Moi Bo
Bo
Regular
Malo


Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


ilahi

ilahi




PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.04 Segundos