AS CONSTRUCIÓNS TRADICIONAIS NA APICULTURA GALEGA
Enviado por paula o Venres, 31 de Outono do 2008 (17:42:07)
Contribución de paula
A Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia está a desenvolver un traballo de inventario das construcións apícolas tradicionais galegas co obxectivo de coñecer o seu estado de conservación.
A Asociación Galega de Apicultura –AGA– solicita a colaboración de todas aquelas persoas que coñezan localizacións de construcións apícolas.
A apicultura é unha actividade de notable importancia non só dende o punto de vista económico, senón tamén polo papel que xoga na conservación da natureza, así como polo seu valor cultural.
No pasado esta actividade foi fundamental na vida de moitos pobos. O mel e mais a cera foron produtos moi valorados tradicionalmente polo seu interese para usos moi diversos. Esta importancia pode observarse nas moitas testemuñas que nos brinda a actividade apícola, entre os que destacan as alvarizas (tamén chamadas alvares, cortiños, oseiras…) e as lacenas, que representan a herdanza cultural que a apicultura do pasado nos deixou e que teñen un gran valor para coñecer detalles de como practicaban esta actividade os nosos antecesores.
Por iso, a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia está a desenvolver un traballo de inventario destas construcións co obxectivo de coñecer o seu estado de conservación. Este traballo farase ao longo do ano 2009, para o que se contará coa participación dun experto en apicultura tradicional, Ernesto Díaz, que se encargará de recoller e analizar toda a información dispoñible.
A Asociación Galega de Apicultura –AGA– considera este traballo de grande interese, polo que solicitamos a colaboración de todas aquelas persoas que coñezan localizacións de construcións apícolas, aínda que moitas delas estean abandonadas. Se desexas colaborar con este proxecto podes enviar unha carta ou un correo electrónico á Asociación Galega de Apicultura na que indiques os datos seguintes:
Nome, apelidos, teléfono e enderezo Número de alvarizas ou lacenas que coñeces Concello, parroquia e localidade máis próxima para cada construción Podes engadir toda a información que consideres de interese.
AGA. Feira Nova s/n - Santa María 15819 – Arzúa (A Coruña) Correo electrónico: aga@queixoemel.org Tamén podes enviarlle os teus datos directamente ao coordinador do traballo e contactar con el para calquera dúbida ou suxestión:
Ernesto Díaz. Teléfono 676 055 405 e-mail: manuelernestodiaz@yahoo.es
Agradecemos sinceramente a túa colaboración, que resultará de grande utilidade para coñecer un pouco máis sobre da apicultura e do patrimonio cultural de Galicia.
Ernesto Díaz Otero Manuel GutiérrezSaavedra
Coordinador do Proxecto Presidente de AGA
|
|
| |
 |
Votos do Artigo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|