Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


MENÚ
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

CORREO APÍCOLA
ilahi ilgilerim

CONTACTO E NOVOS SOCIOS
Contacta con nós
Faite socio

 
Correo Apícola Correo Apícola Inverno 2008
Enviado por paula o Luns, 1 de Decembro do 2008 (19:24:49)
Contribución de paula

APICULTURA MULTIFUNCIONAL

Desde AGA levamos algúns anos promovendo e divulgando unha nova apicultura que serviu para concienciar os abelleiros e as abelleiras da necesidade de desenvolvermos unha actividade máis ligada co noso medio natural.


Agora entramos nunha nova fase que ben se podería denominar «apicultura multifuncional», na que se contemplan as abellas na súa dimensión ecolóxica e económico-social; para isto é necesario a participación de todos: a Asociación Galega de Apicultura-AGA, as delegacións de AGA (DAGAs), Erica Mel e demais cooperativas asociadas, os centros de divulgación apícola (casas do mel e das abellas), as rutas das abellas e do mel (posta en valor da apicultura tradicional-apiturismo) e as feiras do mel, para conformar unha  rede social da apicultura galega.
A apicultura multifuncional será o tema do 2.º Foro da Apicultura Galega que se realizará no ano 2010 con motivo do trinta aniversario de AGA.

APINOTICIAS

DÍA DO APICULTOR
Esta actividade tradicional celebrarase un ano máis o 7 de febreiro de 2009, en Arzúa. Estamos traballando no programa e enviarémovolo así que sexa definitivo. Ese día tamén teremos a asemblea xeral de AGA e os asociados poderán mercar materiais subvencionados polo Plan Apícola.

PLAN APÍCOLA 2009
De acordo coa lexislación vixente, desde o 1 de xaneiro deica o 1 de marzo, as persoas que teñan as abellas rexistradas deberán pasar pola oficina agraria co Caderno de apicultor para actualizar o rexistro, ao mesmo tempo xa poden facer fotocopias das páxinas 1, 4 e 9 e compulsalas para poder envialas á sede de AGA ou entregalas o Día do Apicultor. Isto dá dereito á compra de material subvencionado polo Plan Apícola do ano 2009.

VIAXE APÍCOLA A MONTPELLIER-FRANCIA
Con motivo do 41 Congreso Internacional de Apicultura, APIMONDIA 2009, que se celebrará en Montpellier do 15 ao 20 de setembro de 2009, AGA vai organizar unha viaxe apícola, para asistir algún día ao congreso e de paso tamén organizaremos no sur de Francia algunha outra visita. Os socios e as socias interesadas deben facer unha inscrición previa. O prazo para esta preinscrición será ata o Día do Apicultor, 7 de febreiro. Máis adiante xa se informará do programa e prezo para que as persoas  interesadas se incriban definitivamente.

MEL EN ENVASE ANTIGOTEO
Temos á disposición dos asociados e asociadas que o desexen envases antigoteo, e tamén ofrecemos a etiquetaxe personalizada coa marca «Mel das miñas colmeas» para este envase igual que para o de vidro.

SEGUROS APÍCOLAS
AGA ten subscritas dúas polizas de seguros, unha só de responsabilidade civil e outra de roubo, incendio, vandalismo e responsabilidade civil (multirrisco). Para inscribirse nestes seguros hai de prazo todo o mes de xaneiro ata o día 7 de febreiro en Arzúa, e tamén poden facelo chamando ao tel. 981 508 142 de AGA, de 10-14 h e de 16-18 horas.

DESAPARICIÓN DAS ABELLAS
Despois da prohibición que fixo o Goberno francés, ano 2004, de certas sementes tratadas con praguicidas sistémicos, este ano de 2008, Alemaña, Italia e Eslovenia tamén fixeron o mesmo. Aquí a cousa é máis complicada xa que o sector apícola profesional do Estado español o único que pide son subvencións para paliar esta catástrofe, e as nosas administracións encantadas de non teren que comprometerse. Xa saben a postura de AGA, que defende unha apicultura baseada nas abellas e non nas subvencións, que sería pan para hoxe e fame para mañá. Estamos pola defensa das abellas da saúde e do ambiente; por iso pedimos a retirada do mercado destes praguicidas tan tóxicos.


PANAL DE ANUNCIOS

VENDO 15 colmeas con abellas. Manuel Amigo, tel.: 982 161 586 ou 646 782 993

VENDO colmeas con abellas. Antonio Silverio, tel,: 982 580 316

VENDO colmeas con abellas. Bernardino Salgado, tel: 988 406 355 ou 680 136 960

VENDO colmeas con abellas. Julio Janeiro, tel.: 988 284 049 ou 608 989 906

VENDO abellas do país. Manuel Rey, tel.: 981 518 663

VENDO  abellas do país. José Rodríguez Abeledo, tel.: 986 784 500

VENDO abellas do país. Benito de Crecente, tel.: 667 647 805

VENDO, abellas do país. Francisco López Devesa, tel.: 982 370 552 ou 982 370 231

VENDO abellas do país.Alberto Juan Posada, tel.: 685 900 486

VENDO pole.  Paco García González, tel.: 689 557 057

VENDO pole. Benigno Basteiro, tel.: 988 304 587 ou 669 384 533

COMPRO extractor eléctrico, tanxencial. Manuel Abella, tel.: 982 157 515



 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Correo Apícola
· Noticias de paula


Noticia máis lída sobre Correo Apícola:
Correo Apícola Xaneiro 2009


Votos do Artigo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor, tómese un segundo e vote por este artigo:

Excelente
Moi Bo
Bo
Regular
Malo


Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


ilahi

ilahi




PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.06 Segundos