Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


MENÚ
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

CORREO APÍCOLA
ilahi ilgilerim

CONTACTO E NOVOS SOCIOS
Contacta con nós
Faite socio

 
Correo Apícola Correo Apícola Outono 2009
Enviado por PAULA o Luns, 28 de Setembro do 2009 (16:02:55)
Contribución de PAULA

  • XORNADAS APÍCOLAS ITINERANTES – 10, 11 E 12 DE OUTUBRO - ARZÚA
  • X XORNADAS APÍCOLAS DO EUME – 20, 22, 23, 24 E 25 DE OUTUBRO – CASA DO MEL, GOENTE
  • 1.ª FEIRA DO QUEIXO E DO MEL – 11 DE OUTUBRO – GOENTE
  • CONCURSO: O MELLOR MEL
  • NOVOS SERVIZOS AOS SOCIOS DE AGA


XORNADAS APÍCOLAS ITINERANTES

Datas: 10, 11 e 12 de outubro de 2009

PROGRAMA:

Día 10: Arzúa, Centro do Queixo e do Mel

Aspectos normativos da apicultura en Galicia
Dr.. D. Jesús Juan Cantalapiedra González
Inspector veterinario da Consellería de Medio Rural

Despoboamento de colmeas en Galicia
Suso Asorey. Secretario-técnico de AGA

Perspectivas da comunidade científica internacional ante o "Síndrome de Despoboamento das Colmeas".
Dr. D. Xesús Feás Sánchez
Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Veterinaria
Lund University (Suecia).

Programa de abellas resistentes a várroa
Gonzalo Calvo . Veterinario de AGA
Marcos Varela . Técnico apícola de AGA

A inseminación instrumental como ferramenta nos programas de conservación de abellas.

Prof. Dr. D. Antonio Iglesias Becerra
Departamento de Anatomía e Producción Animal.
Facultade de Veterinaria, Lugo.
Universidade de Santiago de Compostela.

Análisis de residuos en produtos da apicultura.
Dr. D. Manuel Lolo Aira
Xerente de Applied Mass Spectrometry Laboratory (AMS-lab). Lugo

Comercialización dos produtos da colmea.
D. José Antonio Álvarez Flores
Oficina Agraria Comarcal de Sarria (Lugo). Consellería de Medio Rural
Xosé Manuel Docampo. Vocal de Erica Mel no C.R. da  IXP-Mel de Galicia
Miguel Méndez. Vocal de AGA no C.R. da IXP-Mel de Galicia

Día 11: Ruta «Abellas do Courel», en Quiroga

Exemplo de apicultura multifuncional
Visita ás alvarizas, ruta a pé de 6 km
Visita ao abelleiro Manuel Macía
Visita á Cooperativa Cauru
Visita ao Museo Etnográfico de Quiroga

Día 12: Apicultura na Serra do Xurés, Lobios

Proxecto: Parque apícola no Parque Natural da Serra do Xurés
Visita ás instalacións do parque
Visita á Cooperativa Apícola da Serra do Xurés
Visita a un apiario modelo de «Parque apícola» da Serra do Xurés

Horarios:

Todos os días de 11 a 14 horas e de 16 a 18 horas

Saída autobús: 
Desde Santiago (Oficina de AGA Costa de San Marcos, 7 Santiago de Compostela ás 08:00 h.) 

Destinatiarios e destinatarias:
Socios e socias de AGA e persoas afiliadas do S.L.G. Asistentes entre 25-30 abelleiros.

Hai que apuntarse, para os tres días ou só para algún día, chamando ao teléfono 981 508 142, antes do día 5 de outubro.

Os gastos de autobús para os deprazamentos a Quiroga e Lobios e o xantar dos tres días corren por conta das xornadas.

NOVOS SERVIZOS AOS SOCIOS DE AGA

TARROS PARA O MEL
En caixas de cartón en Arzúa. A diario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas, e os sábados de 11 a 18 horas.
Temos: bote baixo de quilo, bote alto de quilo e bote de litro e bote de ½ quilo, envases antigoteo de pvc. Pida prezos sen compromiso.

 
SANIDADE APÍCOLA

O noso veterinario Gonzalo Calvo está, en Arzúa, á vosa disposición en horario de oficina para as consultas técnicas que precisedes. Tel.: 981 508 142.
Os veterinarios poden receitar antibióticos contra a loque americana, pero os socios deben ter en conta que logo o mel desas colmeas non se pode comercializar porque aparecen os antibióticos nese mel.

 
ANÁLISE DE MEL

Laboratorio da Casa do Mel en Goente. As Pontes
Parámetros: Humidade e HMF
Envio de mostras: En recipiente de plástico, que hai nas farmacias para analíticas.

AGA-Eume
Avda. de Vilalba n.º 17 - 1.º, 15320 As Pontes (A Coruña)
Tel.: 661 003 616
Prezo: 4 €, que deberán ingresar na conta que lles indiquen xunto coa folla de resultados.

Esta análise é obrigatoria para os que queiran o etiquetado «Mel das miñas colmeas».

Análises oficiais:

Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia

Avda. de Madrid n.º 77. 27002 Lugo
Tel.: 982 889 622
Tanto poden realizar a análise físico-química coma a análise de antibióticos.

Laboratorio Agrario de Galicia
Estrada N-VI, Km 581
Guísamo. Bergondo. 15640 A Coruña
Tel.: 981 795 307
Este laboratorio só fai a físico-química, pero é máis barato que o de Lugo.


X XORNADAS APÍCOLAS DO EUME

Días 20, 22, 23, 24 e 25 de outubro, Casa do Mel de Goente. As Pontes.
Haberá conferencias sobre «O mel na cociña galega» e  «Cocinando con mieles de Tenerife», a cargo de coñecidos restauradores, días 23 e 25 de outubro. O día 24 terá lugar a segunda cata de meles. Tamén haberá obradoiros de cera e mel para escolares, días 20, 21 e 22 de outubro.

 
1.ª FEIRA DO QUEIXO E DO MEL

Día 11 de outubro. Campo da festa de Goente
Organiza: AGA-Eume, Casa do Mel, e patrocina o Concello das Pontes.
Tel.: 661 003 616.


CONCURSO: O MELLOR MEL

Con motivo do 2.º Foro Apícola (30 aniversario de AGA), 5 e 6 de xuño de 2010, entre outras actividades haberá un concurso de meles con varios premios.

Todos os socios de AGA poderán participar enviando unha mostra do seu mellor mel, en tarro de ½ quilo, ben protexido a:

AGA-Eume
Avda. de Vilalba n.º 17 - 1.º. 15320 As Pontes (A Coruña)
Tel.: 661 003 616
Prazo:  As mostras deberanse enviar antes do 1 de novembro de 2009.

Estes meles serán analizados no laboratorio da Casa do Mel, e os que superen esta fase pasarán á cata do xurado formalizado para tal fin. Os premios entregaranse o 6 de xuño.

 
 
 


 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Correo Apícola
· Noticias de PAULA


Noticia máis lída sobre Correo Apícola:
Correo Apícola Xaneiro 2009


Votos do Artigo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor, tómese un segundo e vote por este artigo:

Excelente
Moi Bo
Bo
Regular
Malo


Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


ilahi

ilahi




PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.06 Segundos