XORNADAS APÍCOLAS ITINERANTES 2009
Enviado por PAULA o Luns, 28 de Setembro do 2009 (16:22:50)
Contribución de PAULA
Datas: 10, 11 e 12 de outubro de 2009 Arzúa, Courel e Serra do Xurés
PROGRAMA:
Día 10: Arzúa, Centro do Queixo e do Mel
1.- Mesa redonda:
Aspectos normativos da apicultura en Galicia
Dr.. D. Jesús Júan Cantalapiedra González.Inspector veterinario da de Medio Rural
Programa de abellas resistentes a várroa
Gonzalo Calvo . Veterinario de AGA. Marcos Varela . Técnico apícola de AGA
A inseminación instrumental nos programas de conservación de abellas.
Prof. Dr. D. Antonio Iglesias Becerra. Departamento de Anatomía e Producción Animal. Facultade de Veterinaria, Lugo. USC
2.- Mesa redonda:
Análisis de residuos en produtos da apicultura.
Dr. D. Manuel Lolo Aira.Applied Mass Spectrometry Laboratory (AMS-lab). Lugo
Comercialización dos produtos da colmea.
D. José Antonio Álvarez Flores.O. A. C. de Sarria (Lugo). Consellería de Medio Rural Xosé M. Docampo. Miguel Méndez. Vogais no C.R. da IXP-Mel de Galicia
3.- Mesa redonda
Despoboamento de colmeas en Galicia.
Suso Asorey Secretario-técnico de AGA
Perspectivas da comunidade científica internacional ante o "Síndrome de Despoboamento das Colmeas".
Dr. D. Xesús Feás Sánchez. USC, Facultade de Veterinaria,Lund University (Suecia).
Día 11: Ruta «As Abellas do Courel», en Quiroga
Exemplo de apicultura multifuncional Visita ás alvarizas, ruta a pé de 6 km Visita ao abelleiro Manuel Macía Visita á Cooperativa Cauru.Visita ao Museo Etnográfico de Quiroga
Día 12: Apicultura na Serra do Xurés, Lobios
Parque apícola no Parque Natural da Serra do Xurés. Visita ás instalacións do parque Visita á Cooperativa Apícola da Serra do Xurés. Visita a un apiario modelo de «Parque apícola» da Serra do Xurés
Horarios: Todos os días de 11 a 14 horas e de 16 a 18 horas Saída do autobús: Dende AGA - Costa de San Marcos, 7 Santiago de Compostela ás 08:00 h. Destinatarios/as: Socios e socias de AGA e afiliados ó Sindicato Labrego Galego.
Hai que apuntarse, para os tres días ou só para algún día, chamando ao teléfono 981 508 142, antes do día 5 de outubro.
|
|
| |
 |
Votos do Artigo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|