Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


MENÚ
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

CORREO APÍCOLA
ilahi ilgilerim

CONTACTO E NOVOS SOCIOS
Contacta con nós
Faite socio

 
Apicultura Galega XORNADAS TÉCNICAS APÍCOLAS EN NARÓN E FEIRA DO MEL DE SEDES
Enviado por PAULA o Luns, 28 de Setembro do 2009 (17:47:45)
Contribución de PAULA

Xornadas Técnicas no Concello de Narón - 23 e 24 de outubro

Feira do Mel e dos productos ecolóxicos - Sedes, Narón - 25 de outubro

Fundamentos Apicultura Sostible por Rafael Díaz Nieto, pastor de abellas de AGA Ferrolterra.

Carta aos Abelleiros de DAGA Ferrolterra.


DAGA Ferrolterra organiza para este mes de outubro unhas xornadas técnicas no Concello de Narón, nas que se tratará o programa alternativo de loita contra a varroa, unha visión sobre a apicultura ecolóxica e sostible e o estudio da flora melífera. Todo isto desenvolvido de mans de profesionais do sector apícola.

As actividades terán lugar no parque "Aldea Nova" de Narón o 23 e 24 de outubro.

Ofrécese a posibilidade de comer no parque o día 24, para o cal é necesario reservar chamando ós teléfonos: 981 320 798 e 661 378 960.

Para ver o cartel e mais información das xornadas pincha aquí.

Poñemos tamén a disposición un material sobre as xornadas, Fundamentos de Apicultura Sostible, escrito por Rafael Díaz Nieto, delegado de AGA en Ferrolterra, que podedes descargar pinchando aquí.

Ademais, como tódolos anos, organizan no mesmo lugar, en Aldea Nova, a Feira do Mel e dos Productos Ecolóxicos o día 25 de outubro.

Para os socios de DAGA Ferrolterra e demais interesados publicamos a carta que acaba de ser enviada pola Delegación ós abelleiros da comarca. Pincha aquí para descargala.



 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Apicultura Galega
· Noticias de PAULA


Noticia máis lída sobre Apicultura Galega:
Gel de Timol : prometedora opción contra varroa


Votos do Artigo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor, tómese un segundo e vote por este artigo:

Excelente
Moi Bo
Bo
Regular
Malo


Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


ilahi

ilahi




PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.04 Segundos