DÍA DO APICULTOR 2010 - ASAMBLEA DE AGA
Enviado por paula o Martes, 12 de Xaneiro do 2010 (13:39:39)
Contribución de paula
06 de febreiro 2010 Centro do Mel - Arzúa
Imos dar conta do programa de AGA “Abellas resistentes á varroa” e convidar a máis abelleiros/as a que se sumen a este programa. Tamén haberá unha disertación sobre o tratamento integral contra as enfermidades das abellas, varroa e podremia americana. De Bruxelas virá unha representación da Coordinadora Europea dos Apicultores para comentarnos as accións que se están levando a cabo sobre a síndrome de desaparición das abellas, AGA pertence a esta coordinación.
Tamén é o día da Asemblea xeral de AGA con eleccións á nova Xunta Directiva, e imos dar a coñecer o programa do 2.º Foro Apícola conmemorativo do 30 aniversario de AGA. Por todo isto convidámosvos a asistir e participar no “Día do Apicultor”.
Programa: Ás 11 horas : Mesa redonda sobre: — Loita integral contra enfermidades das abellas, por Antonio Gómez Pajuelo, consultor apícola de Castellón. — Programa alternativo de loita contra a varroa, por Gonzalo Calvo e Marcos Varela, do Equipo Técnico Sanitario (ETS) de AGA. — A Coordinadora Europea dos Apicultores e a síndrome de desaparición das abellas, por Noa Simón, do equipo técnico da Coordinadora en Bruxelas. Ás 13 horas : Asamblea xeral de AGA. Durante todo o día haberá feira de material apícola e podedes traer cera para reciclar e cambiar por láminas e tamén poderedes adquirir os materiais subvencionados polo Plan Apícola. Se algún que non entregou estas follas, 1, 4 e 9 do caderno, e quere facelo ese día, intentaremos metelo no Plan 2010. CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL DE AGA Día 6 de febreiro de 2010. Centro do Mel, Arzúa. Hora: 13 horas
Orde do día: 1.— Lectura e aprobación, de proceder, da acta anterior. 2.— Resumo de actividades realizadas durante o ano 2009. 3.— Balance económico. 4.— Eleccións á nova Xunta Directiva co seu programa e orzamento para o ano 2010. 5.— Rogos e preguntas. NOTA: Segundo o artigo 23.2 dos estatutos de AGA, as candidaturas que queiran presentarse ás eleccións deberán remitirse á sede de AGA, con programa de actividades e orzamento, con dez días de antelación á Asemblea xeral; polo tanto deberán estar na sede de AGA antes do día 28 de xaneiro de 2010. Seguros apícolas Os socios e as socias de AGA poden chamar por teléfono para renovar a póliza de seguros, o último día para facelo será en Arzúa o 7 de febreiro. Tel.: 981 508 142 de AGA, de 10-14 horas e de 16-18 horas. Material subvencionado polo Plan Apícola Fondos de rede, láminas de cera e outros materiais, que poderán recoller en: Arzúa, a diario, o Día do Apicultor ou o Día da Mostra. En Ourense, en Apícola González Carballal, a diario.
Máis información: Tel.: 981 508 142 e 630 069 637, e-mail: aga@queixoemel.org Web: www.apiculturagalega.org
|
|
| |
 |
Votos do Artigo |
 |
|
Puntuación Promedio: 5 votos: 1

|
|
|
 |
|