Xornadas Técnicas Apícolas en Narón
Enviado por PAULA o Martes, 19 de Xaneiro do 2010 (10:28:58)
Contribución de PAULA
Xornadas organizadas pola Delegación de AGA en Ferrolterra. Lugar: Parque Temático de Desarrollo Rural Aldea Nova. Datas: 4 e 5 de febreiro 2010
Programa:
Xoves, 4 de febreiro, 19:00 horas.- "Ordenación Sanitaria da Apicultura en Galicia". (Descargar en pdf) Por José Luis Puerta Villegas. Xefe de Área de Inspección e Alerta Veterinaria
Consellería do Medio Rural. Servizo de Gandería. Departamento Territorial de A Coruña
Contido:
· Lexislación aplicable (RD 209/2002 e Decreto 339/2009)
· Procedemento, trámites e documentación no Rexistro de Explotacións Apícolas (altas, baixas, modificacións, declaración censal anual,...)
· Libro de Explotación Apícola (antes chamado Cuaderno de Explotación Apícola y Trashumancia)
· Axudas contempladas dentro do Plan Apícola para 2010 (Formación, Sanidade, Trashumancia e Repoblación)
Venres, 5 de febreiro, 19:00 horas.- “Control sanitario das colmeas”. (Descargar en pdf)
Por Antonio Gómez Pajuelo. Consultor apícola de Castellón.
Contido:
· Mellor previr que curar. Prevención das enfermidades das abellas. O control de estas enfermidades sole ser máis importante que os tratamentos, o manexo das colmeas e o seu control periódico que realiza o pastor de abellas, evitando que se xenere unha situación (causas predispoñentes) que favoreza o ataque dos organismos patóxenos, ou a dispersión de enfermidades que poideran producir a morte da colonia.
· Especial relevancia da varroa e da loque. Loita alternativa de combatilas.
Actividade realizada no marco do convenio de colaboración suscrito entre o Concello de Narón e a Asociación Galega de Apicultura “AGA”.