Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


MENÚ
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

CORREO APÍCOLA
ilahi ilgilerim

CONTACTO E NOVOS SOCIOS
Contacta con nós
Faite socio

 
Cursos<div id= Curso: ''Técnicas de Apicultura Ecolóxica Sostible''
Enviado por paula o Luns, 29 de Marzo do 2010 (18:58:24)
Contribución de paula

A Delegación de AGA Ferrolterra en colaboración co concello de Narón organizan este curso sobre apicultura ecolóxica.
Lugar: Parque Aldea Nova de Sedes (Narón)
Datas: comezo na primavera e remate no outono
Duración: 60 horas
Inscricións: Cumplimentar a solicitude e entregar no concello de Narón ou na delegación de AGA en Ferrolterra.
Importante: plazas limitadas, aceptación por orde de entrada.



Trátase dun curso de 60 horas de duración, repartidas entre 25 horas teóricas e 35 prácticas. Se desenvolverá as mañás dos sábados (de 10:30 a 12:30 as clases teóricas, e de 12:30 a 13:30 as prácticas, que se realizarán en diversas albarizas da bisbarra de Ferrolterra) e se apoiará con material divulgativo e audiovisual. O equipo técnico responsable da delegación de Ferrolterra de AGA será o encargado de impartir o curso, no que tamén se contará coa experiencia dun biólogo e dun veterinario, especialistas en apicultura.

Pode inscribirse neste curso calqueira persoa interesada no mundo rural, en particular no das abellas, e terán prioridade as empadroadas no municipio de Narón. A inscripción se formulará mediante unha solicitude que haberá de presentarse no Rexistro Xeral do Concello a partires de hoxe e o prezo do curso é de 11,45 euros por persoa, existindo un máximo de 25 prazas.

O programa teórico do curso contempla oito temas: os habitantes da colmea, a casa das abellas, o pastor das abellas, a polinización e flora de interese apícola, a multiplicación axeitada da alvariza, o control sanitario das abellas, os produtos da colmea, e a súa comercialización.

Con este curso de Apicultura Ecolóxica Sostible preténdese dotar ós participantes dos coñecementos necesarios na apicultura natural, e que aprendan que as abellas son imprescindibles para que as árbores dean máis froitos e de mellor calidade. Tamén se demostrará que é posible e sinxelo manexar unha pequena alvariza de xeito ecolóxico, e que con dúas colmeas é suficiente para abastecer de mel a unha familia de varios membros durante todo o ano.

Descargar:

Programa completo curso e información inscricións

Solicitude de inscrición no curso



 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Cursos
Noticias de paula

Noticia máis lída sobre Cursos
Curso para unha NOVA APICULTURA. Abegondo


Votos do Artigo
Puntuación Promedio: 4.5
votos: 4


Por favor, tómese un segundo e vote por este artigo:

Excelente
Moi Bo
Bo
Regular
Malo


Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


ilahi

ilahi




PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.04 Segundos