Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


MENÚ
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

CORREO APÍCOLA
ilahi ilgilerim

CONTACTO E NOVOS SOCIOS
Contacta con nós
Faite socio

 
Apicultura Galega 2º FORO APÍCOLA
Enviado por paula o Mércores, 5 de Maio do 2010 (16:50:42)
Contribución de paula

2º FORO APÍCOLA
5 e 6 de xuño de 2010

Centro do Queixo e do Mel - Arzúa
Organizado por AGA Asociación Galega de Apicultura e máis a cooperativa Erica Mel.


Os días 5 e 6 de xuño celebramos o 30 aniversario de AGA e o 20 de Erica Mel, polo que desde as directivas de AGA e máis Erica Mel convidámolos a participar activamente nas actividades programadas.

Teremos xornadas técnicas que van ser moi interesantes para desenvolver a nosa apicultura multifuncional nos vindeiros anos, serán temas prácticos que van desde a posta en valor da nosa apicultura pasando polo tema de control da varroa, servizo de analíse do mel e comercialización dos produtos apícolas polos abelleiros coa marca “das miñas colmeas”...

Paralelamente tamén teremos outra serie de actividades prácticas en forma de obradoiros tales coma elaboración de velas de cera ou  meleiras de cerámica da nosa apicultura tradiconal ata cortizos co cobertizo de palla e algúns usos do mel na cociña.

Tamén haberá feira de material apícola onde poderán adquirir os materiais subvencionados polo plan apícola e outros, poderán traer cera para reciclar etc.

Expoñeremos por primeira vez tanto publicacións apícolas chegadas a AGA durante 30 anos, coma as publicacións, carteis e debuxos utilizados nas  nosas publicacións.

Os productos apícolas tamén estarán presentes con varias novidades elaboradas por Erica Mel e presentaremos por primeira vez o novo etiquetado “das miñas colmeas”.

O día 6 encerraremos todalas actividades cun xantar-festa, nunha carpa a carón do embalse de Portodemouros e do Enredo do Abelleiro-Museo Vivente do Mel, a 12 quilómetros de Arzúa, ao que non pode faltar ninguén.

O  Enredo do Abelleiro, ten a xentileza de facer unha xornada de portas abertas para que os participantes poidan visitar estas magníficas instalacións apícolas gratuítamente.

Despois do xantar entregaremos as distincións, aos socios e socias de AGA, personalizado nalgún asociado por “toda unha vida apícola” e tamén se fará entrega do premio do concurso de meles e outras distincións.

A música correrá a cargo do grupo de música tradicional “ Penas de Rodas” de Outeiro de Rei, Lugo, entre os que atoparemos socios/as de AGA.

Para poder participar no xantar do día 6 hai que apuntarse antes do día 28 de maio, chamando por teléfono ao 981 508 142, en horario de oficina, os días 5 e 6 poderán pagar e recoller o tique que dá dereito ao xantar,  na ventaniña administrativa de AGA durante o Foro. Pregámoslle encarecidamente que fagan este trámite do contrario causaránnos moitos problemas e non poderán xantar no lugar proposto.

XANTAR EN PORTODEMOUROS (Enredo do Abelleiro)

- Polbo
- Carne ó caldeiro
- Viño de Valdeorras
- Sobremesa: queixo con mel e filloas.
Prezo: 20 € por persoa.
Para máis información: Tel 981 508 142.
                                e-mail: aga@queixoemel.org

2º FORO APÍCOLA
5 e 6 de xuño de 2010 - Arzúa
Apicultura multifuncional

PRESENTACIÓN
Cada cinco anos, coincidindo cos aniversarios de AGA e máis Erica Mel, organizamos o foro apícola co obxetivo de elaborar a folla de ruta para o vindeiro quinquenio.

Co fin de promover unha apicultura sostible dentro dunha actividade multifuncional por medio de apicultores pluriactivos, ligando o futuro da abella ao futuro do medio ambiente, basados na organización, formación e innovación do sector apícola, organizamos neste ano 2010 o 2º Foro.

PROGRAMA:

Xornadas técnicas

Día 5 de xuño

Ás 10 horas:

–Evolución da apicultura galega nos últimos 10 anos. Abel Yañez.  Investigador apícola
- A apicultura tradicional no Noroeste da Península Ibérica. Ernesto Diaz. Técnico de LA JURBIAL Servicios Ambientales:

Ás 12 horas:

-Programa de abellas tolerantes a varroa. Marcos Varela e Gonzalo Calvo. ETS de AGA
-Tratamentos contra a varroa, campaña 2010. Pablo Fernández Rivera. Servizos de Dotación de Medios da Consellería do Medio Rural

Ás 16 horas:

-Centros de visitantes e rutas do mel. Xesús Asorey. Casa das abellas
-Analise laboratorial do mel. Noelia Gabeiras. Casa do Mel

Ás 17 horas:

O mel na cociña. Elaboración de tres platos e degustación polos asistentes. Ensalada verde con mel de prado. Chutmey de Verduras con mel de Brezo ou Castiñeiro. Plátanos flambeados con mel milflores. Antonio Gomez Pajuelo. Consultor apícola, Castellón.

Día 6 de xuño

Ás 10  horas:
Mesa redonda:
-Comercialización dos produtos apícolas polos apicultores
-Control de calidade e trazabilidade
-Envasado, etiquetado, facturación.Prezos
-Venta directa, feiras, comercio minorísta. Prezos
Miguel Mendez. IXP-AGA. Xosé Manuel Docampo IXP-Ericamel. Gonzalo Calvo ETS-AGA

Ás 12 horas:
Asemblea xeral  de Erica Mel

Ás 14 horas:
Xantar en Portodemouros. Enredo do abelleiro

ACTIVIDADES PARALELAS

1.- Expo. AGA: 30 anos facendo camiño:
Escolma de publicacións recibidas na sede de AGA durante os 30 anos de historia+ materiais editados por AGA (revistas, folletos, carteis, deseños...)

2.- Obradoiros: cerámica. Elaboración de meleiras de Gundivós. Tomás Lopez Elaboración de velas. Julio Lopez e Jesús Pico. Elaboración de cortizos tradicionais do Xurés. Celso Couso

3.- Expo-Tenda: Produtos da colmea. Meleiras de cerámica

4.- Feira de material apícola.

5.- Apicultores distinguidos, por toda unha vida apícola.

6.- Concurso de  mel. Entrega de premios.

7.- Portas abertas no Enredo do Abelleiro. Día 6 de xuño.

8.- Xantar nunha carpa a carón do encoro de Portodemouros.

9.- Música, a cargo do grupo “Penas de Rodas”, entrega de distincións.


 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Apicultura Galega
· Noticias de paula


Noticia máis lída sobre Apicultura Galega:
Gel de Timol : prometedora opción contra varroa


Votos do Artigo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor, tómese un segundo e vote por este artigo:

Excelente
Moi Bo
Bo
Regular
Malo


Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


ilahi

ilahi




PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.23 Segundos