Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


MENÚ
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

CORREO APÍCOLA
ilahi ilgilerim

CONTACTO E NOVOS SOCIOS
Contacta con nós
Faite socio

 
Correo Apícola Correo Apícola Maio 2010
Enviado por paula o Venres, 21 de Maio do 2010 (11:53:31)
Contribución de paula

II FORO APÍCOLA
5 e 6 de xuño de 2010. Centro do Queixo e do Mel. Arzúa

Organizan: AGA, Asociacion Galega de Apicultura e a
cooperativa Erica Mel

 
 

 

CONVITE

Os días 5 e 6 de xuño celebramos o 30 aniversario de AGA
e o 20 de Erica Mel,
polo que desde as directivas de AGA e mais Ericamel
convidámolos a participar activamente nas actividades programadas



Teremos xornadas técnicas que van ser
moi interesantes para desenvolver a nosa apicultura
multifuncional nos vindeiros anos. Serán
temas prácticos que van desde a posta en valor da
nosa apicultura ata o tema de control da varroa,
pasando polo servizo de analíse do mel e a
comercialización dos produtos apícolas polos
abelleiros coa marca «Das miñas colmeas».
Paralelamente, tamén teremos outra
serie de actividades prácticas en forma de obradoiros,
tales como elaboración de candeas de
cera ou meleiras de cerámica da nosa apicultura
tradiconal, ata cortizos co cobertizo de palla e
algúns usos do mel na cociña.
Tamén haberá feira de material apícola,
onde poderán adquirir os materiais subvencionados
polo Plan apícola e outros, poderán así
mesmo traer cera para reciclar, etc.
Expoñeremos por primeira vez tanto
publicacións apícolas chegadas a AGA durante
trinta anos coma as publicacións, carteis e debuxos
utilizados nas nosas publicacións.
Os produtos apícolas tamén estarán presentes
con varias novidades elaboradas por Ericamel,
e presentaremos por primeira vez o novo
etiquetado “Das miñas colmeas”.
O día 6 pecharemos todas as actividades
cun xantar-festa nunha carpa a carón do encoro
de Portodemouros e do Enredo do Abelleiro-
Museo Vivente do Mel, a 12 quilómetros de
Arzúa, ao que non pode faltar ninguén.

O Enredo do Abelleiro ten a xentileza de
facer unha xornada de portas abertas para que os
participantes poidan visitar estas magníficas instalacións
apícolas gratuitamente.
Despois do xantar entregaremos as distincións
aos socios e socias de AGA, personalizado
nalgún asociado «por toda unha vida apícola»
e tamén se fará entrega do premio do concurso
de meles e mais outras distincións.
A música correrá a cargo do grupo de
música tradicional ‘Penas de Roda’, de Outeiro de
Rei, Lugo, entre os que atoparemos socios e
socias de AGA.
Para poder participar no xantar do día 6
hai que apuntarse antes do día 28 de maio, chamando
por teléfono ao 981 508 142, en horario de
oficina. Os días 5 e 6 poderán pagar e recoller o
tícket que dá dereito ao xantar na ventaniña
administrativa de AGA durante o Foro. Rogámoslles
encarecidamente que fagan este trámite,
pois do contrario causarannos moitos problemas
e non poderán xantar no lugar proposto.
Xantar en portodemouros (O Enredo do
Abelleiro): polbo, carne ó caldeiro, viño de Valdeorras
e de sobremesa: queixo con mel e filloas.
Prezo: 20 Euros por persoa.

 


5 e 6 de xuño de 2010. Arzúa. Centro do Queixo e do Mel
Para máis información, teléfono 981 508 142
e-mail: aga@queixoemel.org



II FORO APÍCOLA: APICULTURA MULTIFUNCIONAL

Cada cinco anos, coincidindo cos aniversarios de AGA e mais Ericamel,
organizamos o Foro apícola co obxetivo de
elaborar a folla de ruta para o vindeiro quinquenio.
Co fin de promover unha apicultura sustentable dentro dunha
actividade multifuncional por medio de apicultores pluriactivos,
ligando o futuro da abella ao futuro do ambiente,
baseados na organización, formación e innovación do sector apícola,
organizamos neste ano 2010 o 2º Foro.


PROGRAMA DAS XORNADAS TÉCNICAS

Día 5 de xuño
Ás 10 h.
 
Evolución da apicultura galega
nos últimos dez anos
por Abel Yáñez, investigador apícola.
-         
A apicultura tradicional no noroeste
da Península Ibérica
por Ernesto Díaz, técnico de La Jurbial
Servicios Ambientales.

Ás 12 h.
Programa de abellas tolerantes á varroa
por Marcos Varela e Gonzalo Calvo, ETS de AGA.
- Tratamentos contra a varroa, campaña 2010
por Pablo Fernández Rivera, Servizos de Dotación de
Medios da Consellería do Medio Rural.

Ás 16 h.
 
Centros de visitantes e rutas do mel
por Xesús Asorey, Casa das Abellas.
. Análise laboratorial do mel por Noelia Gabeiras,
Casa do Mel.

 
 
Ás 17 h.
O mel na cociña
Elaboración de tres platos e degustación
polos asistentes:
Ensalada verde con mel de prado;
chutmey de verduras
con mel de brezo ou castiñeiro;
plátanos flambeados con mel milflores,
por Antonio Gómez Pajuelo, consultor apícola
de Castellón.


Día 6 de xuño

Ás 10 h.
Mesa redonda
. Comercialización dos produtos apícolas polos apicultores.
. Control de calidade e trazabilidade.
. Envasado, etiquetado, facturación. Prezos.
. Venda directa, feiras, comercio minorísta. Prezos.
Por Miguel Méndez, IXP-AGA; Xosé Manuel Docampo,
IXP-Ericamel, e Gonzalo Calvo, ETS-AGA; Santiago Gonzalez,
Comunidade de Montes de Mouriscade-Mondariz.

Ás 12 h.
Asemblea xeral de Erica Mel

Ás 14 h.
Xantar en Portodemouros, O Enredo do abelleiro
.

ACTIVIDADES PARALELAS

Expo AGA, 30 anos facendo camiño:
Escolma de publicacións recibidas na sede de AGA durante
os trinta anos de historia
e materiais editados por AGA (revistas, folletos, carteis, deseños...)

Obradoiros:
Cerámica, elaboración de meleiras de Gundivós, por Tomás López.
Elaboración de candeas, por Julio López e Jesús Pico
Elaboración de cortizos tradicionais do Xurés, por Celso Couso

Expo-tenda: produtos da colmea. Meleiras de cerámica
Feira de material apícola
Apicultores distinguidos, por toda unha vida apícola
Concurso de mel
Entrega de premios
Portas abertas no Enredo do Abelleiro

Día 6 de xuño
Xantar nunha carpa a carón do encoro de Portodemouros.
Música, a cargo do grupo ‘Penas de Rodas’.
Entrega de distincións


APINOTICIA

A Consellería do Medio Rural vai enviarlles unha carta sobre a subvención dos tratamentos para a varroa deste ano 2010
Os productos e os prezos aos que os terá que pagar o apicultor
despois da subvención do 50% serán:

- O CHECH-MITE en envase para 5 colmeas custará........16,05 Euros
- O APIGUARD en envase para 5 colmeas custar............15,14 Euros
- O THYMOVAR en envase para 5 colmeas custará........15,14 Euros

Os que queiran tratar co APISTAN que se viña usando poden solicitalo a AGA.
 APISTAN en sobres para 5 colmeas proporcionado
por AGA...........14,00 Euros

Poden pedilo mediante chamada telefónica a AGA, se o piden antes do 28 de maio xa poden retiralo en Arzúa os días 5 e 6 de xuño, para esto deberán traer o libro de explotacións apícolas para a receita.

Logo podeno pedir ata o día 1 de xullo e xa se lle avisará como retiralo e receitalo por medio dos servizos veterinarios de AGA.

Os que queiran algún dos produtos propostos pola Consellería
que fagan os trámites que lles indican na carta, que é como en anos anteriores previo pago do custe. O veterinario de AGA tamén facilitaráas receitas, por medio das delegacións, aos que soliciten estes produtos.

ATENCIÓN AOS SOCIOS
No Centro do Queixo e do Mel, Arzúa
Horario: De 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas, a diario
Tel.: 981 508 142 e 630 069 637
e-mail: aga@queixoemel.org aga@corevia.com Web: www.apiculturagalega.org



 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Correo Apícola
· Noticias de paula


Noticia máis lída sobre Correo Apícola:
Correo Apícola Xaneiro 2009


Votos do Artigo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor, tómese un segundo e vote por este artigo:

Excelente
Moi Bo
Bo
Regular
Malo


Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


ilahi

ilahi




PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.04 Segundos