A Casa do Mel, continuando co traballo ao longo destes anos, xa ten a data de comezo
do curso de “Iniciación á apicultura”.
Este curso pretende iniciar a todo aquel que estea interesado no manexo das abellas e
aqueles abelleiros que queiran ampliar coñecementos nos temas que se trataran o longo
do curso.
As datas do curso son:
29/05/2010 ás 17 h presentación.
30/05/2010 ás 10h prácticas manexo colmeas.
10/06/2010 ás 18 h prácticas manexo colmeas.
13/06/2010 ás 10 h teórico - prácticas (bioloxía da abella e extracción de xelea real)
16/06/2010 ás 16 h extracción de xelea real.
18/06/2010 ás 16 h. Iniciación cría de raíñas.
19/06/2010 ás 16h iniciación cría de raíñas.
28/06/2010 ás 10 h iniciación cría de raíñas, e formación de núcleos
29/06/2010 ás 10h marcaxe de raíñas e formación de núcleos.
3/07/2010 ás 17h propiedades físico químicas e polínicas do mel
4/07/2010 ás 17 h Iniciación á cata de meles.
10/07/2010 ás 17 h a esmelga.
11/07/2010 ás 17 h esmelga.
Nota.- Este calendario será modificado cando a climatoloxía non sexa axeitada ós
traballos a facer.
Os días de practicas haberá que traer careta, buzo, guantes e botas.
- VIAXE APÍCOLA O 22 DE AGOSTO, A OURENSE, (Viana do Bolo, e
apícola Carballal) se estás interesado, apúntate. Visitaremos a Benigno
Basteiro, como extrae o mel e como fai núcleos, tamén veremos como fai as
láminas de cera Apícola Carballal, etc.