Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


Menú Principal
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

Correo Apícola
ilahi nukro

Contacto e novos socios
Contacta con nós
Faite socio

Insectarium Virtual
insectarium virtual

 
Ruta Europea A Casa do Mel en Goente - As Pontes. A Coruña
Enviado por anxo o Xoves, 30 de Outono do 2003 (10:20:57)
Contribución de anxo

A Casa do Mel, atópase no centro xeográfico da Comarca do Eume, nunha das entradas do Parque Natural das Fragas do Eume, en Goente - As Pontes.

Xestionada por socios da Asociación Galega de Apicultura da delegación da comarca do Eume, nesta casa museo fanse distintos traballos en prol dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, así coma unha laboura de divulgación e formación entre os distintas persoas que acoden a visitarnos: grupos de escolares, particulares ou profesionais e aficionados á apicultura.

A Casa do Mel dispón nas suas instalacions de varias salas de exposicions, así coma unha sala de extracción e envasado do mel e tamén dunha sala de conferencias.



Obxectivos da Casa do Mel

  • A divulgación e a sensibilización do mundo das abellas entre os visitantes as súas exposicións, fundamentalmente os escolares e outros grupos, de onde sairán os nosos futuros apicultores e consumidores destes productos naturais.
  • Ofrecer ós nosos visitantes algo natural, tal e como o fan as nosas abellas.
  • Apoiar tecnicamente os apicultores, mellorando os seus coñecementos para axudarlles a desenvolver ás súas explotacións, tanto cuantitativa como cualitativamente, na producción do mel e productos da colmea.

Instalacions

  • Salas de exposicións:
    • Obradoiro tradicional do mel.
    • Obradoiro de cera.
    • Colmea acristalada onde se pode ollalo traballo das abellas directamente.
    • Panéis informativos e programas informáticos interactivos nos que se presentan os distintos aspectos da apicultura (morfoloxía das abellas, bioloxía, plantas melíferas, tipos de colmeas, productos da colmea, etc ...)
  • Sala de extracción e envasado do mel.
  • Sala de conferencias e proxeccions.

Horario

  • A Casa do Mel permanece aberto os Sábados e Domingos en horario de 16.00 h as 21.00 h. dende o 15 de xuño ó 15 de setembro.
  • O resto do ano somentes os Sábados de 16.00 h as 21.00 h.
  • De tódolos xeitos é posibel concertar visitas en calquera outra data chamando por teléfono ou ben por correo electrónico.


CASA DO MEL
Goente - As Pontes. A Coruña
+34.661.003.616
casadomel@vodafone.es



 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Ruta Europea
· Noticias de anxo


Noticia máis lída sobre Ruta Europea:
A Casa do Mel en Goente - As Pontes. A Coruña


Votos do Artigo
Puntuación Promedio: 4.33
votos: 30


Por favor, tómese un segundo e vote por este artigo:

Excelente
Moi Bo
Bo
Regular
Malo


Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


Temas Asociados

Casa das AbellasCasa do Mel - Goente - As PontesRuta Europea

nukrox


PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.19 Segundos