Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


MENÚ
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

CORREO APÍCOLA
ilahi ilgilerim

CONTACTO E NOVOS SOCIOS
Contacta con nós
Faite socio

 
http://apiculturagalega.org: Casa do Mel - Goente - As Pontes

Buscar neste Tema:   
[ Ir ó Inicio | Seleccione un novo Tema ]

Casa do Mel - Goente - As Pontes Curso de Iniciación á Apicultura
Enviado por paula o Martes, 15 de Xuño do 2010 (11:48:12) (299 Lecturas)

A Casa do Mel, continuando co traballo ao longo destes anos, xa ten a data de comezo

do curso de “Iniciación á apicultura”.

Este curso pretende iniciar a todo aquel que estea interesado no manexo das abellas e

aqueles abelleiros que queiran ampliar coñecementos nos temas que se trataran o longo

do curso.



(Ler máis... | 3088 bytes máis | Puntuación 5)

Casa do Mel - Goente - As Pontes XORNADAS APÍCOLAS DO EUME E FEIRA DO QUEIXO E DO MEL DE GOENTE
Enviado por PAULA o Luns, 28 de Setembro do 2009 (18:15:50) (697 Lecturas)

Xornadas Apícolas do Eume - Casa do Mel de Goente, 20, 22, 23, 24 e 25 outubro.

I Feira do Queixo e do Mel - Goente, 11 de outubro. 


(Ler máis... | 1364 bytes máis | Puntuación 5)

Casa do Mel - Goente - As Pontes Actividades 2009 Casa do Mel
Enviado por paula o Mércores, 11 de Marzo do 2009 (12:20:16) (952 Lecturas)

Prácticas en colmeas, charlas, xornadas, cursos e obradoiros organizados para o ano 2009 pola Casa do Mel de Goente (As Pontes) e Delegación de AGA do Eume.

Pincha aquí para descargar o programa completo.


(Ler máis... | Puntuación 0)

Casa do Mel - Goente - As Pontes IX Xornadas Apícolas do Eume
Enviado por paula o Venres, 26 de Setembro do 2008 (15:36:36) (931 Lecturas)

IX XORNADAS APÍCOLAS DO EUME

24, 25, 26, 28 e 29 de outubro na Casa do Mel, Goente - As Pontes

Para descargar o programa pincha aquí.



(Ler máis... | Puntuación 0)

Casa do Mel - Goente - As Pontes Próximas actividades da Delegación do Eume de AGA
Enviado por paula o Xoves, 26 de Xuño do 2008 (10:39:07) (1106 Lecturas)

 
A DELEGACIÓN DO EUME DA ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA ORGANIZA:

-         VIAXE APÍCOLA A PORTUGAL EN AGOSTO
-         CURSO DE PODA E FRUTICULTURA



(Ler máis... | 1854 bytes máis | Puntuación 4)

Casa do Mel - Goente - As Pontes acontecementos: ACTIVIDADES AGA - EUME 2007
Enviado por anxo o Mércores, 8 de Agosto do 2007 (15:45:57) (1218 Lecturas)

ACTIVIDADES AGA - EUME 2007
CASA DO MEL - Goente - As Pontes

  • VIAXE APÍCOLA á Comunidade Estremeña
SAÍDA: 6 DE SETEMBRO DE 2007.
REGRESO: 9 DE SETEMBRO DE 2007.
Visita en Pinofranqueado (Cáceres) cooperativa Apihurdes.
DÍA 7: Visita en Fuenlabrada dos Montes (Badaxoz) cooperativa Montemiel.
- Visita a un criador de raíñas.
- Dormida en hotel en: Herrera do Duque.
DÍA 8: Visita o Mosteiro de Guadalupe e descanso en Herrera do Duque.
(O prazo para anotarse será ata o día 1 de xullo)
  • VIII XORNADAS APÍCOLAS DO EUME: do 5 o 11 de novembro do 2007
- Curso sobre: “Os produtos da colmea, as súas propiedades, elaboracións” Consistira en facer preparados caseiros que facilmente poderemos facer nas nosas casas. Xeles, extracto de propóleo, cremas, ungüentos e protectores labiais. Serán dous días mañá e tarde e na primeira semana de novembro.

O número de participantes non poderá pasar de vinte, haberá que pagar unha cota de 30 € para a compra de materiais.

A profesora do curso será Silvia Cañas, Enxeñeiro técnico agrícola e directora da revista de Vida Apícola.

- Visitas de escolares das Pontes a Casa do Mel con obradoiros de mel e cera, pregustazón de mel e queixo do Eume. Entrega de folletos explicativos sobre as abellas.

- Concurso de debuxos entre os escolares” Pintando as abellas” con prémios en material escolar:
1º 150 €, 2º 100€, 3º 50€.

- Feira do mel o primeiro de novembro do 2007.

Para máis información chamar a Casa do Mel no Teléfono 661.003.616


(Ler máis... | acontecementos | Puntuación 5)

Casa do Mel - Goente - As Pontes acontecementos: VII XORNADAS APÍCOLAS DO EUME
Enviado por rafael o Domingo, 10 de Setembro do 2006 (13:31:13) (1687 Lecturas)

Programas de actividades das "VII XORNADAS APÍCOLAS DO EUME"
Do 3 ao 8 de outubro, na Casa do Mel (Goente, As Pontes).
Feira do mel artesán de fungos e cogumelos, o 1 de novembro en As Pontes.
 
Organiza: Delegación do Eume de AGA, DAGA-Eume



(Ler máis... | 3289 bytes máis | acontecementos | Puntuación 5)

Casa do Mel - Goente - As Pontes VI XORNADAS APICOLAS DO EUME
Enviado por anxo o Mércores, 22 de Xuño do 2005 (17:38:46) (1480 Lecturas)

27 de Outubro o 1 de Novembro do 2005.

Días 27, 28, 29 de Outubro
na Casa Do Mel con escolares dos colexios da Comarca do Eume.
Obradoiros de cera e de mel.
  • Extracción e envasado do mel.
  • Elaboración de candeas con cera, distintas cores.
  • Proxección de vídeos apícolas.
  • Programas informáticos nos que se dá a coñece-la vida da abella.
  • Proba de mel con outros produtos da comarca.
Día 30 de Outubro
  • 12:00 h. Conferencia sobre: “Manexo e sanidade apícola” a cargo de: Marcos Varela Lorenzo, apicultor criador.
  • 14:30 h. Xantar
  • 17:30 h Conferencia sobre: “Os productos da colmea: alimentación saúde e beleza”, a cargo de Darcy José Del Cueto, médico naturista Cubano.
Día 1 de Novembro. FEIRA DO MEL. En As Pontes

Máis Infórmación chamando o teléfono.- 661 00 36 16


(Ler máis... | 938 bytes máis | Puntuación 5)

Casa do Mel - Goente - As Pontes V XORNADAS APICOLAS DO EUME
Enviado por anxo o Luns, 18 de Outono do 2004 (21:04:01) (2085 Lecturas)


V XORNADAS APICOLAS DO EUME
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO DE 2004.

Días 27,28,29 de outubro.
Obradoiros de cera e de mel, para escolares na Casa do Mel.
- Extracción e envasado do mel.
- Elaboración de candeas con cera, distintas cores.
- Proxección de vídeos apícolas.
- Programas informáticos nos que se dá a coñece-la vida da abella.
- Proba de mel con outros produtos da comarca.

Día 30 de outubro.
Na Casa Dopeso das Pontes.
Conferencias sobre apiterapia a cargo do apiterapeuta madrileño, Dr. Pedro Pérez.
- 11 horas, charla sobre: pole, xelea real, própole e larvas de abázcaro.
- 12,30 horas, presentación do libro “Apicultura na escola” polo seu autor, Xesús Rodríguez Rodríguez.
- 14 horas,visita á Casa do Mel e xantar no restaurante, Díaz - Goente. (Anotarse antes do día 27 na Casa do Mel)
- 17,30 horas,charla sobre: as propiedades do veleno das abellas, o seu uso terapéutico e demostracións prácticas.

Día 31 de outubro.
Visitas guiadas á Casa Do Mel e obradoiros de mel e cera para o público en xeral de 16 a 21 horas.

Día 1 de novembro.
FEIRA DO MEL ARTESÁN
DE FUNGOS E COGUMELOS
NAS PONTES.

Infórmate chamando o telf.- 661 00 36 16


(Ler máis... | Puntuación 5)

 
Próximas Actividades
17/9   Encontro Apícola Norte-Sur

Artigos Antigos
Non hai contido para este bloque.

Usuarios
Benvido, Anónimo
Alias
Contrasinal
(Rexístrate)
Membros:
Ultimo: alberto_
Novos hoxe: 0
Novo onte: 0
Total: 528

Conectados:
Visitantes: 25
Membros: 0
Total: 25

ilahi

ilahi




PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.14 Segundos