+ 34 981 508 142

 

Presentación

A Asociación Galega de Apicultura, AGA, ten como fins: o desenvolvemento integral da apicultura galega, proporcionando información, formación e asesoramento apícola ás abelleiras e abelleiros, difundindo á sociedade as vantaxes da abella como insecto polinizador e traballar en defensa do noso medio ambiente. Velar pola calidade dos productos apícolas e informar aos consumidores das súas bondades.

Agardamos a entrada de novas abelleiras e abelleiros como a mellor maneira de facer progresar esta actividade imprescindible, para o mantemento da biodiversidade, e a produción de alimentos.

Ler máis
 

 

DE ACTUALIDADE

CORREO APÍCOLA PRIMAVERA 2019

Contidos:

- Da velutina aínda sabemos pouco, por Suso Asorey

- Asemblea Xeral de AGA, actividades 2018 e programa 2019

- Programa de formación 2019: cursos básicos, especialización e xornadas técnicas

- Escola Galega de Apicultura: Programa de formación 2019

- Próximas actividades DAGAS

- AGA Informa: Alimentación das colmeas, apiturismo en Grecia, Plan Apícola 2019, cambio na normativa da etiquetaxe do mel, laboratorio de AGA e Concurso de Meles do País

- Vespa velutina: Plataforma Stop Velutina, xornada en Allariz e concentración abelleira en Ourense

- Panal de anuncios

Descargar: Correo Apícola Primavera 2019 e Ficha inscrición cursos 2019

Ler máis

VISOR CARTOGRÁFICO DO INVENTARIO DE ALVARIZAS TRADICIONAIS DO COUREL

11 de marzo de 2019

Dentro do proxecto LIFE Oso Courel, realizouse un inventario e revisión das alvarizas existentes na Serra do Courel. Rexistráronse 192, cunha maior preseza nas laderas máis térmicas da zona sur, debido ás súas mellores características para a produción apícola. Para contribuir ó coñecemento e conservación deste patrimonio, elaborouse un visor cartográfico no que se pode observar a localización xeográfica das alvarizas inventariadas xunto con información básica de cada un deles recollida durante o traballo de campo.

O inventario foi coordinado por Martiño Cabana, Roberto Hermida e Israel Ferrero, coa participación da Asociación Galega de Custodia do Territorio, a Asociación Galega de Apicultura e aa Fundación Oso Pardo.

Enlace visor cartográfico: https://m.fundacionosopardo.org/wp-content/uploads/2019/02/Visor.html

Ler máis
 
Ver todas
 

Programación AGA

Eventos Cursos

Divulgación Técnica

Láminas de Divulgación Apícola

Materiais, láminas e cartaces sobre divulgación apícola” e un enlace para a descarga de cada lámina

Ler Máis

Actualidade Sanitaria

Varroa, a importancia dun correcto diagnóstico e tratamento

Descargar

Asóciate

Inscrición como socio de AGA:
50 € / Ano

Ler máis